domingo, 3 de abril de 2016

Golfiño

Para esta cuarta en última entrada sobre a cultura en Galicia decidinme a investigar un pouco sobre unha revista que recordo que lía meu irmán (e eu máis adiante), chmada Golfiño.

Golfiño (1999-2004), foi unha revista orientada a un público infantil e xuvenil e dedicada á banda deseñada en galego. Nas súas páxinas colaboraron verdadeiras pesonalidades da banda deseñada en galego como Miguelanxo Prado, Xaquín Marín, Norberto Fernández, Kiko da Silva ou Jacobo Fernández.

Esta revista saiu á luz en febreiro de 1999 da man de Edicións Xerais e adoptou un ritmo de publicación mensual a partir de xaneiro do ano 2000. Esta foi a primeira etapa da revista, que durou sobre dous anos e rematou porque non alcanzaba un público suficientemente abundante como para sosterse economicamente. Nesta primeira etapa a revista finalizou despois de tan só 14 exemplares. Artigo de interese sobre o seu fin.

A segunda etapa desta revista iniciouse en marzo do ano 2002, a revista pasou de ser difundida en quioscos e librarías para distribuírse como suplemento do xornal "La voz de Galicia", feito que lle garantiría unha boa distribución por toda a xeografía galega. Na súa etapa final chegou a acadar unha tirada semanal de 160000 exemplares que se distribuían todos os domingos có xornal de maneira gratuita.

Despois de difundir 89 números, "La voz de Galicia" deixou de distribuir a revista Golfiño.

Fausto Isorna foi o creador do personaxe Golfiño, un delfín antropomórfico, símbolo desta revista, de feito en 2002 gañou o Premio  Ourende de Banda Deseñada por esta revista.

Cuberta de Fausto Isorna


Outro dos autores da revista na súa segunda edición foi Kiko da Silva, que gañou o Premio Castelao de Banda Deseñada no ano 2014.

Os Biosbardos, por Kiko da Silva




David Rubín é un dos autores de Banda Deseñada máis prolíficos de Galicia,  e colaborou con Golfiño durante a segunda etapa.

Os Kinkilláns, de David Rubín




Miguel Porto é un deseñador, ilustrados e debuxante en soportes dixitais, colaborou tamén coa revista Golfiño na segunda edición.


Ilustración de Miguel Porto


Para rematar cós debuxantes e ilustradores máis importantes desta segunda etapa está Miguel Robledo.


Ilustración de Miguel Robledo



Da primeira etapa o máis destacado é Miguelanxo Prado que é un dos ilustradores máis impotantes de Galicia, por non dicir o máis importante.
Destaco que é un dos ilustradores do programa da TVG "Xabarín Club", coñecido por todos nós, xa que forma parte da infancia da nosa xeración.


Presentador, Xabarín Club TVG

No hay comentarios:

Publicar un comentario