domingo, 10 de abril de 2016

10 de abril de 2046

Vaia...quen me diría a min cando estaba en 2º de Bacharelato pensando unicamente na viaxe que ía facer coas miñas amigas ao rematar o selectivo todo o que ía ocorrer...

Por se estás lendo isto e es demasiado novo ou nova...chámome Inés Crespo e teño 47 anos, no 2016 tiña 17, bueno, ía cumprir 18 en novembro, e o país estaba nunha situación política complicada. As eleccións do 20 de decembro de 2015 non deixaron un gañador e todos intentaron pactar...supoño que xa sabes...as esquerdas en España nunca foron demasiado intelixentes, e en lugar de facer uns pactos fortes que demostrasen a súa unidade...repetíronse as eleccións.

Non era esperado, pero ocurriu. Maioría absoluta. Do PP.

Continuou a LOMCE, o 3+2, a reforma da lei do aborto, a celulosa de Pontevedra continuou ahí...durante estos anos apareceron partidos novos...todos de dereitas. O PP sacou a maioría outra vez máis...e despois pactou. Continúa no Goberno.

O primeiro que debo dicir é que actualmente o paro é bastante máis baixo que cando eu era nova. O problema é que ninguén pode permitirse máis do mínimo para subsistir, e se tes fillos...xa podes buscar dous traballos.

Eu non tiven fillos, cando era adolescente nin o planteaba...pero cando cheguei a iso dos 24 anos comencei a pensar que realmente me gustaría ter un ou dous fillos, obviamente non nese momento, pero sí ao longo do tempo.

Non foi posible, o meu traballo dame para poder manterme eu: comida (a necesaria), roupa (a necesaria), o alquiler do piso, e uns euriños sobrantes ás veces para ahorrar. Bueno, tamén podo permitirme un pequeno coche, seminovo, pero non podo queixarme, é practicamente coma se fose novo.


En fin, desvieime un pouco do tema do que ía escribir...a poboación. Eu non me considero unha persoa vella, obviamente non teno 20 anos, pero e que realmente poucas persoas os teñen xa, quero dicir, todo o que nos dicían sobre o envellecemento da poboación era totalmente certo aínda que a nós nos parecesen cousas imposibles.

Agora a poboación menor de 25 anos é moi escasa, e cada vez o será máis a non ser que se produza un cambio moi radical nalgún aspecto económico...porque actualmente xa hai moi pouca xente que se platee ter fillos. Eu os entendo, non os tiven e non me arrepento, quero dicir, sei que son algo precioso e que aportan experiencias imposibles de vivir doutra forma...pero se actualmete tivese un fillo de 12 ou 13 anos ao que pagar a comida, a escola, a roupa...non sei se me chegaría con dous traballos a xornada completa.

Oxalá puidese volver ao pasado e facer algo para solucionar esta situación, non sei, meterme en política e guiar ás esquerdas dalgunha maneira...o que sexa, pero de verdade, se ti, si ti, o que estás lendo isto, por casualidade es unha persoa nova...o tes nas túas mans, podes ser revolucionario,inconformista...ti e túa pequena xeración.

Podedes facer que isto cambie,pero teredes que facer algo xigante...pero podedes.

Igual que a situación do galego mellorou, e a contaminación estase controlando pouquiño a pouquiño...a natalidade e os traballos poden mellorarse, e está na vosa man facelo.

Non creo que esta situación vaia a mellorar en pouco tempo...seguramente ao longo deste século poderían solucionarse, ou comezar a mellorar certos aspectos...pero só coa colaboración dos novos, a xente da miña idade, aínda que queira non pode facer moito xa.

Se a miña xeración houbera loitado máis nestes aspectos...quizais agora eu non estaría escribindo isto, quizais estaría levando aos meus fillos a algunha competición do deporte que practicasen, ou a algún concerto que realizasen polo instrumento que tocasen...quen sabe...pero non é así, e oxalá que este texto chegue a alguén verdadeiramente concienciado que poda comezar a cambiar as cousas.

Aquí deixo un texto escrito cando eu tiña arredor de 17 ano,no que xa se prevén os efectos demográficos que terán lugar na Galiza na que vivo eu hoxe.

                                                                  Inés Crespo, 10 de abril do 2046, Ferrol.















No hay comentarios:

Publicar un comentario