domingo, 13 de marzo de 2016

Mercedes Peón

Nesta segunda entrada da cultura de Galicia decidinme a falar sobre a música, pero non sobre calquera música, senón a dunha muller transgresora, diferente. A verdade, foi o meu profesor quen me deu a idea de falar dela, que buscase información e sobre todo que escoitase a súa música, xa que é unha mestura de xéneros e estilos, que me sorprendeu moitísimo e á vez agradoume outro tanto.

A variedade das composiciónd de Mercedes Peón arrincan dende a polirritmia, ritmos ancestrais e chegando a temas eléctricos e vibrantes.

Despois de profundizar na tradición durante máis de 25 anos, no 2000 gravou o seu primeiro álbum chamado "Isué". Máis adiante lanzou outros tres discos que son: "Sós", "Sihá" e "Arjú".

Cabe destacar que foi presentadora do programa Luar, no que traballou mostrando as súas investigacións percorrendo as aldeas galegas na busca da tradición oral e as músicas máis ancestrais.

Esta muller recibiu recoñecementos (entre os que destacan) a nivel internacional no ámbito da música folk, que son o premio a mellor disco da revista "Folkworld" no ano 2000 polo seu disco Isué. Tamén foi finalista na categoría de mellor artista do ano 2000 nos premios da radio BBC3.
Estivo tamén nomeada ao premio "Mestre Mateo" no ano 2002.
Recibiu o premio nacional da música no ano 2008.

Ademais de todo o seu percorrido musical, que non é precisamente escaso, hai que destacar as súas actividades en defensa da igualdade da muller. Aquí déixovos un enlace a un texto escrito pola propia Mercedes Peón onde se pode apreciar ista faceta.

Despois de escoitar bastantes das súas cancións decidinme por poñer aquí tres que me pareceron realmente fantásticas, e de entre estas tres quédome sen duda con Mareas Vivas, seguida de Maravilhas e de Ajárrate.









No hay comentarios:

Publicar un comentario