domingo, 6 de marzo de 2016

Alfonso Crespo, pintor

Despois de votar na clase, decidiuse falar nestas próximas catro entradas, da cultura galega. Decidín facer esta entrada sobre o meu avó, porque a verdade é que me pareceu interesante falar del, xa que foi unha persoa moi importante para min e tivo bastante relevancia no panorama pictórico galego.

Alfonso Crespo Fernández, o meu avó, naceu en Ferrol o 17 de abril de 1932, mesma cidade na que morreu o 25 de novembro de 2008, aos 76 anos.

Quizais, quen non coñeza un pouco sobre pintores galegos, non teña nin idea de quen é, pero realmente a súa actividade artística foi moi importante e non só en Galicia.

En 1968, fundou xunto con outros xóvenes artistas ferroláns o grupo "O Grilón", artistas entre os que se encontra Luis Calvo, nado en Marín, pero que tiña o seu domilicio en Ferrol onde tamén pintaba.

A súa obra foi seleccionada na II Bienal Internacional de Arte en Pontevedra, no ano 1976.

Era autodidacta pero asistiu a cursos para mellorar a súa técnica en debuxo e pintura, e sobre todo en grabado.

Os catálogos e libros nos que se pode atopar a súa obra son: "II Bienal Nacional de Arte de Pontevedra", " III Bienal Nacional de Arte de Pontevedra", "Plástica gallega", "Apotaciones de El Ferrol al arte pictórico", "Pintura ferrolana", "Enciclopedia galega universal", "Diccionario enciclopédico galego universal", "Guía de artistas de Galicia", "Artistas ferroláns" e "Collages, acuarelas, grabados: Alfonso Crespo".

A súa primeira exposición realizouna en 1959 (27 anos), e foi a "Exposición de artistas noveles de Ferrol".
Pero bueno, en canto a exposicións, o meu avó non era moi dado a realizalas, dicía que lle quitaban tempo de pintar e traballar no seu estudio. E para non gustarlle demasiado facer exposicións...expuxo en Ferrol, A Coruña, Viveiro, Pontevedra, Viveiro, Santiago, Vigo, Lugo, Pontedeume, Cariño, Ortigueira, Betanzos, Bergondo, Cedeira (nesta última vila realizou a súa última exposición, unha de grabados e óleos e unha homenaxe a Goya). Pero estas non foron as únicas, senón que tamén fixo exposicións en múltiples ocasións nas seguintes cidades fora de Galicia: Madrid, Valladolid, Sevilla, Soria, Gijón e Barcelona.

Deixo uns enlaces que vos levarán á web "Pintores gallegos", onde atoparedes mostras de debuxo, acuarela, grabado, óleo e collage...aínda que con estas mostras só poderedes apreciar unha pequena fracción da súa obra. 

Actualmente, a maior parte da súa colección a temos a súa familia, aínda que tamén se encontra nalgunha colección particular e institucional e no Museo dedicado a Granados en Barcelona.

Como anécdota, teño que destacar que un mural sobre a chegada de Colón a América, ubicado no cuartel de Instrucción no Arsenal Militar de Ferrol, foi retirado de alí e por agora non fumos quen de localizar o seu paradeiro.

Para min, él máis que pintor, foi o mellor avó do mundo durante o tempo que puido, pero claro...un avó que me ensinou a xogar aos barcos...e un avó diferente, o máis especial, creo que fun a nena máis feliz do mundo mentres él ilustraba os seus contos, sempre inventados, cuns debuxos  que eu admiraba porque nunca aprendín a debuxar. Agora quédannos de ti todas as túas historias, a túa forma de ser que é inesquecible, e por suposto, o mural de Pantín...o repasamos de vez en cando. Para min, eres unha das partes máis importantes da cultura galega.



Alfonso Crespo, autorretrato






No hay comentarios:

Publicar un comentario