domingo, 21 de febrero de 2016

Moncho Reboiras

Naceu na aldea de Imo no ano 1950, onde recibiu unha educación básica. Máis tarde mudouse a Vigo xunto coa súa familia, en Teis cursou  bacharelato e ao rematalo, matriculouse la Escola Técnica de Enxeñaría Industrial en Vigo.
Tivo un papel importante nas revoltas estudintís ata que no ano 1969 ingresou como militante na UPG.

Comeza a traballar no estaleiro de Barreras para especializarse no sector naval, e na "Folga de setembro" de 1972 tivo un importante papel como organizador.

Durante 1973 e 1974 foi un dos máis importantes organizadores sindicais.

Participou, dentro da liña política da UPG, nunha fronte armada que actuaba en contra da ditadura. Realizaban as súas prácticas no sur da provincia de Pontevedra, e Reboiras foi o encargado dun comando, que tiña un número reducido de persoas, creado o 23 de febreiro de 1974.

Moncho Reboiras foi identificado pola Garda Civil. Permaneceu oculto durante un tempo aquí, en Ferrol, pero o atoparon. Encontrábase nun edificio con dous militantes máis que puideron fuxir.
Reboiras foi alcanzado o 12 de agosto de 1975 no portal número 27 na rúa da Terra, onde a policía franquista o matou con varios tiros, un deles na cabeza segundo o informe.

Como curiosidade, unha das irmás do meu avó, Luca, atopábase moi cerca cando o mataron. Ela contaba que recordaba ver a aquel mozo cando ía á compra ou pola rúa cerca da súa casa.
Luca, vivía na rúa do Sol, a perpendicular á rúa da Terra, e cando estaban a punto de matar a Reboiras ela estaba sendo presente do rebumbio.
Entre o edificio no que ela vivía e o contiguo (cuxo portal era o número 27 da rúa da Terra) había unhas hortas.
Nese edificio, a través da ventana, Luca veu a unha rapaza, que estaba presa do pánico, agochada nuncha esquina da súa casa chorando. Luca intentou conver á rapaza de que abrise a porta e o deixase pasar, que así el conseguiría salvarse, pero a rapaza non foi capaz de reaccionar, e os berros e o rebumbio cesou.


"Que importa que nos maten se deixamos semente de vencer!" -Moncho Reboiras.

No hay comentarios:

Publicar un comentario